Xico Alcatruz é un creador de enxeños, que foi barqueiro soñador outrora e co evolucionar dos tempos tornouse obreiro dunha fábrica ambulante de creación de "criadilhos" unha especie de obxectos resultantes da mestura insólita entre “cousas” aparentemente distinguidas. Bromista e construtor, inventa novas formas de interacción, tanto entre obxectos, como entre estes e as persoas, xerando momentos de xogo e creatividade musical.
Chega nun estraño vehículo con rodas e moita tralla e, cando para, inicia un proceso de transformación gradual nun barco-carrusel igualmente bizarro, que o leva ás súas memorias de barqueiro de río onde soñaba viaxar en alta mar, descubrir o mundo e a súa diversidade. Sempre á procura de interacción e doutras formas de inventar, a música é a súa linguaxe primordial.
O Guarda-Pedais é unha celebración da capacidade humana de reinvención, da maxia presente na simplicidade dos obxectos e da importancia de soñar alto, mesmo cando se está á deriva no vasto océano da vida. Unha experiencia teatral única que mestura diversión, música e creatividade, convidando o público a embarcar na fantástica xornada de Xico Alcatruz e seus criadilhos.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autoría e Interpretación: Bitocas Fernandes
Apoio á creación: Gonçalo Oliveira
Ferramenteiro: Robert Parco
Apoio Fundação GDA
Fotos: © Diogo Filipe Morgado & © Ana Filipa Flores