Aníbal Zola é un cantautor e contrabaixista que ven de presentar en Abril de 2023 no Auditorio CCOP do Porto “ Quem sai aos Seus, Segunda Geração” unha reedición do álbum homónimo lanzado en 2022, que conta con convidados como o dúo Fado Bicha e que foi totalmente composto durante os tempos estraños que todos vivimos, con músicas repletas de positividade que son unha especie de antidoto para os grandes problemas do mundo.
A música de Aníbal Zola viaxa por diversas sonoridades, sexa a Samba ou a Bossa Nova do Brasil, o Tango ou a Chacarera da Arxentina ou o Bolero Cubano, sen nunca esquecer o Jazz, que é o seu punto de partida e a súa formación académica.
Estas influencias musicais presentes na súa obra son envoltas pola voz de Aníbal Zola que tanto nos remite para a dozura da Bossa Nova como para unha entrega máis emocional caraterística do Fado.
Neste disco, participan tamén Romain Valentino e André Mariano nos arranxos, soando máis a un álbum de banda, un power trio.
Actualmente, Aníbal Zola encóntrase en tour de presentación de “Quem sai aos Seus, Segunda Geração”. En paralelo, o artista encóntrase preparando un novo proxecto que será lanzado en 2024.