Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Antía Muíño

ANTÍA MUÍÑO

Canción de autora. Ames (GZ)
Sábado 23 de setembro – 16.50h PT | 17.50h GZ - 40´ – Fonte da Vila (Valença).
*Aberto ao público xeral

Raso Estudio| alan@rasoestudio.com

 

Con apenas un par de singles publicados converteuse nunha das revelacións da nova canción galega. O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autor e a música tradicional galega. A súa proposta é como unha sorte de médium entre Norah Jones, Silvia Pérez Cruz, Tracy Chapman, María Arnal, Diana Krall e Luz Casal. Sen sequera ter disco publicado actuou en festivais como o Jazzaldia, o Jazz ao Norte de Ferrol, o Sound Isidro ou o Festival Maré, entre moitos outros. Colaborou e continúa colaborando con artistas da talla de Xabier Díaz, Baiuca, Carlos Núñez ou Néboa. En outubro de 2022 foi galardoada nos Premios Martín Códax, os máis importantes da música galega, como Mellor Artista Emerxente. Acaba de publicar Carta Aberta, o seu álbum debut, co que xirará por todo o país durante 2023 tras ser seleccionada como unha das artistas de AIE. Foi elixida embaixadora de Spotify España durante o pasado mes de decembro na súa playlist EQUAL, que presidiu despois de acumular máis dun millón de reproducións e grazas a esta campaña a súa imaxe presidiu as pantallas xigantes de Times Square, no corazón de Nova Iorque.

 

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa