Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Diego Alonso 5tet

DIEGO ALONSO 5TET

Jazz. Vigo (GZ)
Venres 22 de setembro – 17.40h PT | 18.40h GZ - 40´ – Teatro Municipal de Tui (Tui).
*Aberto ao público xeral

Hurlé prods | distribucion.constancehurle@gmail.com

 

Diego Alonso 5tet “Nihil” é un proxecto de jazz liderado polo saxofonista e compositor vigués, con Pablo Patiño ao contrabaixo, Antón Quintela á batería e os consolidados Xan Campos ao piano e Virxilio da Silva á guitarra, ambos referentes nas escenas do jazz galega e internacional. As composicións deste quinteto plantexan diversas abordaxes rítmicas, tímbricas, texturais e estilísticas, que fomentan a voz individual de cada un dos membros, a interacción e a improvisación mesturada con pasaxes escritas e arranxadas para quinteto. O repertorio de Nihil tenta achegar unha reflexión sobre a sociedade actual, o nihilismo, a contraposición existencial entre a acción individual e a colectiva e a supervivencia do humanismo nunha modernidade líquida. As propias estruturas dos temas e os compases de amalgama utilizados en moitas das composicións, fan ao ouvinte fuxir do plano máis tradicional do jazz e engádenlle matices de sorpresa ao desenvolvemento das composicións. Este proxecto estreouse na Casa das Artes de Famalicão (Portugal), dentro do ciclo Jazz na Caixa cunha magnífica acollida por parte do numeroso público asistente.

 

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa