Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Expresso Transatlântico

EXPRESSO TRANSATLÂNTICO

Instrumental World Rock. Lisboa(PT)
Venres 22 de setembro – 16.50h PT | 17.50h GZ – 40´- Paseo da Corredoira (Tui).
*Aberto ao público xeral

Produtores Associados | taniamonteiro@produtoresassociados.com

 

2021 viu nacer un dos proxectos máis interesantes do panorama musical actual: o Expresso Transatlântico, unha banda de lisboa composta por Gaspar Varela na guitarra portuguesa, Sebastião Varela na guitarra eléctrica e Rafael Matos na batería.

O lanzamento do seu EP de estrea homónimo ao final do ano pasado ten recibido os maiores eloxios do público nacional e internacional.

 Entre Lisboa e os Estados Unidos da América foi onde comezaron a nacer as primeiras ideas do grupo. Gaspar Varela estaba en tour con Madonna, mentres os seus dous compañeiros enviábanlle as primeiras pezas nesa viaxe transatlântica. Cunha sonoridade influenciada polos ritmos da música popular portuguesa, brasileira e africana, o traballo de estrea destes mozos músicos revélanos, ao longo de seis cancións, a banda sonora dunha Lisboa con vistas para o mundo. 

A internacionalización do trio comezou na Opening Ceremony da WOMEX 2022 e este será o ano da chegada do álbum de estrea do Expresso Transatlântico.

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa