Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Habelas Hainas

HABELAS HAINAS

Folk tradicional galego.  Santiago de Compostela (GZ)
Xoves 21 de setembro – 18.30h PT | 19.30h GZ - 45´ – Pasarrúas (Tui).
*Aberto ao público xeral

Charlatana S. Coop Galega | charlatana@charlatana.org

 

En Habelas Hainas crúzanse os camiños de catro músicas de raíz galegas, que sinten a natural necesidade de expresarse dende unha ollada feminista e social, experimentando coa tradición, explorando outras músicas, e creando un son propio, fresco e orixinal, que se traduce en concertos enérxicos e reivindicativos. Na súa intensa traxectoria como músicas ao vivo, figuran xa máis de 300 concertos e citas como o festival de Pardiñas, o Interceltique de Lorient, o Bagpipe International Conference (Londres), o Festival Intercéltico do Morrazo, Poesía do Condado, o Encuentro Otoñal de Artes (Extremadura) ou o Codfish Festival (Noruega). Ademais do seu traballo Livres e Loucas (2017), teñen colaborado con artistas como Uxía (Rosalía Pequeniña, 2013), e participado en traballos colectivos (Irmandiñas. Músicas en pé de festa, con Sacha na Horta/Oïma/The Teta’s Van, 2017).

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa