Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Lontreira

LONTREIRA

Electrónica. A illa de Arousa (GZ)
Sábado 23 de setembro – 22.00h PT | 23.00h GZ - 40´ – Espazo OFF. Café Central (Tui).
*Aberto ao público xeral

Contra Producións | contacto@lontreira.gal

 

Adriana Cores, Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral unen o seu talento musical en Lontreira, unha banda con letras en galego, con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación que aparece no verán de 2022 e non deixa de dar pasos de xigante na industria musical galega. Foron a banda gañadora da “Canción do Verán 2022” en Galicia co tema Corazón de toxo e o seu disco “Apnea” logrou ser finalista na categoría de banda emerxente nos premios Martín Códax da Música 2023. Apnea é o primeiro traballo da banda no que se intercalan poemas e cancións que narran singladuras da vida a través das conexións especiais cos espazos naturais que os rodean. Presumen de cargar cada directo con novidades e postas en escena que pouca xente agarda ver, reiventándose en cada concerto e camiñando cara un son cada vez máis electrónico e eurovisivo.

 

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa