Sofia Adriana Portugal, Susana Quaresma e Tânia Cardoso comparten o gusto pola pescuda vocal, sonora e escénica. Estas son as tres mulleres que “mondam”cancións e saberes antigos de forma contemporánea, a través do canto polifónico e dos ritmos da percusión.
Cantan repertorio do cancioneiro lusófono, mais tamén composicións orixinais que acentúan a forza da palabra e da poesía. Mondar é limpar, arrancar as herbas dañinas, deixando o esencial para que todo floreza, e para as Maria Monda a esencia está no tecer das voces, ora en sedas suaves, ora en mantas rudas, cantando en homenaxe á Terra-Nai, de nome Maria.
O seu disco de estrea María Monda (2020) presenta percorridos musicais tan distinguidos como a música erudita, o teatro musical ou a música de raíz popular, desde a explotación tímbrica das súas voces – individualmente e en conxunto – á percusión corporal e vocal, as Maria Monda recrean, neste traballo, temas de autores como Amélia Muge, José Afonso, Milton Nascimento e Chico Buarque, así como temas orixinais da autoría de Rodrigo Crespo ou José Manuel David, inspirados pola poesía de Fernando Pessoa e Almada Negreiros, pasando tamén polos poetas e compositores anónimos da nosa música tradicional, nunha intensidade sonora que só a singularidade partillada das voces permite.