Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Mondra

MONDRA

Tradicional e Electrónica. A Coruña (GZ)
Venres 22 de setembro – 16.00h PT | 17.00h GZ - 40´ – Paseo da Corredoira (Tui).
*Aberto ao público xeral

Seispés Producións Creativas | info@seispes.com

 

É artista, cantareiro, bailador e docente no eido da música tradicional galega. Como artista en solitario en 2022 lanzou a súa carreira e o seu primeiro tema, Aghrúuu que conta con máis de 12.500 reproducións entre o Youtube e o Spotify. Na actualidade está a producir o seu primeiro álbum de estudio, nun proxecto multidisciplinar que integra música, moda, danza e audiovisual, e que incluirá 12 temas orixinais a cabalo entre a música tradicional e a electrónica. Este traballo conta coa participación de produtores como Berto, Juait, Peter Petrowski, Juanjo Abella ou Lucas Decenti; e coa colaboración de grandes artistas galegas como Fillas de Cassandra, Guadi Galego ou Rabelo. A obra aborda temáticas relevantes como a sexualidade, a violencia, a saúde mental, o benestar emocional, a defensa da cultura propia ou o empoderamento da mocidade.

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa