Despois de dous anos do lanzamento do seu debut homónimo e do sinxelo Muiñeira da Maruxaina en 2021, os galegos Moura voltan co seu agardado segundo traballo de estudio, Axexan, espreitan (2022, Spinda Records), no que profundizan aínda máis na tradición galega, tanto a nivel lírico coma instrumental, acadando o recoñecemento da crítica estatal e internacional. Temas a medio camiño entre a neo-psicodelia, o rock progresivo, o kraut- rock e o folklore galego fan de Moura unha das bandas de rock máis interesantes do panorama estatal e como proba disto está o seu paso por citas de primeiro nivel coma Resurrection Fest, Monkey Week, Sound Isidro, Festival de La Luz, Sonic Blast, Festival Noroeste ou Los Conciertos de Radio 3, entre outras. Ao vivo, Axexan, espreitan consegue embriagar co seu aquelarre sonoro, na procura do transo colectivo, empregando a lingua galega como voz ritual e evocando unha terra verde nos confíns de Europa, onde remata o mapa e comenza o mar. A banda formada por Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Brais Villar, Pedro Aguado e Belém Tajes foi recoñecida como mellor banda de rock na última edidición dos Premios Martín Códax.