Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Retimbrar

RETIMBRAR

TugaBeat, Folk, World. Porto (PT)
Sábado 23 de setembro – 20.45h PT | 21.45h GZ - 40´– Paseo da Corredoira (Tui).
*Aberto ao público xeral

António rui fernandes - Tours e produções musicais | antonio@makuma.org

 

RETIMBRAR é un vibrante movemento nortuense, actualmente, orquestrado por 8 músicos e músicas que procuran pensar e crear a partir das tradicións musicais portuguesas.

As súas composicións, chamadas de ‘TugaBeat’, están enraizadas na diversidade do folclore nacional, na poesía popular e na oralidade, que están na orixe de cancións como “Pastor á Paisana” ou “Coisas da Minha Terra”. Parten do ritmo para dar voz e corda ás palabras e falan dun cotián transformado coa identidade de quen gravita entre a ruralidade e o paso viaxado doutras xeografías. Retimbrar foi seleccionado para o espectáculo de abertura do Womex 2021 e en 2022, seis anos despois da estrea de Voa Pé, presentaron Levantar do Chão un disco onde mostran un percorrido de colaboracións, vivido ao longo de dez anos entre talleres e proxectos con coletividades musicais como Ranchos Floclóricos e grupos de Zés-Pereiras, do cal forma parte “Maçãzinha” feat *Úxia, distinguido polos premios aRi[t]mar Galiza e Portugal como Mellor Canción Portuguesa de 2022. Este novo traballo despertou a atención do Instituto de Etnomusicologia da Universidade de Aveiro e deu orixe a un podcast e un documental (que sairá este ano), onde van dar a coñecer o percorrido ata Levantar do Chão, a enerxía que os move, ao vivo e entre bastidoras e a unión coas persoas.

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa