Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Xurxo Fernándes

XURXO FERNANDES

Tradicional e Electrónica.  A Coruña (GZ)
Venres 22 de setembro – 20.45h PT | 21.45h GZ - 40´ – Paseo da Corredoira (Tui)
*Aberto ao público xeral

Culturactiva | info@culturactiva.org

 

Xurxo Fernandes é unha das voces máis singulares do panorama galego actual, capaz de innovar desde o tradicional grazas ao seu amplo coñecemento da tradición popular colectiva. Despois de participar en proxectos como Radio Cos, co que percorreu escenarios de todo o mundo e representou a España no prestixioso festival de músicas de raíz WOMEX en 2016, presenta agora o álbum Levaino! con doce temas recolleitos polo propio artista en territorios tan diversos como Coristanco, Samakov, A Mezquita, Salihli, Tordoia, Larache ou Tel Aviv. Unha ducia de paisaxes sonoras pouco coñecidas, que comezan no Mediterráneo oriental e que acaban en Galicia, unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva, na que os sons más arcaicos dunha Galicia primitiva mestúranse co exotismo de Oriente. No directo, Xurxo acompáñase de prestixiosos músicos da escena galega nunha potente posta en escena que reforzan as Pandeireteiras Sen Fronteiros (PAN.SEN.FRON, Premio Martín Códax 2021), e que ten como resultado un espectáculo cheo de enerxía, concibido para bailar mesmo desde a cadeira e que tamén convida a non esquecer de onde vimos.

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa