¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS ARTÍSTICAS PARA MUMI - ENCONTRO PROFESIONAL DE MÚSICA DE GALIZA E PORTUGAL

PERÍODO DE INSCRICIÓN: do 24 de febreiro ao 31 de marzo de 2022

 

 

  • Poderán presentarse todas as bandas ou artistas de Galiza e Portugal que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo.
  • As propostas participantes serán escollidas por profesionais do sector, seguindo non só criterios de calidade, senón tamén de viabilidade dentro dos propósitos e características da feira.
  • A organización pactará as condicións económicas con cada banda/artista, dependendo do número de compoñentes.
  • A organización cubrirá unha noite de aloxamento para as bandas/artistas seleccionadas.
  • A organización garante o equipamento técnico necesario para a correcta realización da actuación.
  • A banda/artista deberá presentar as altas na Seguridade Social de todos e todas as músicas e técnicas.
  • A banda/artista deberá cumprir cos horarios e tempos que se indiquen desde a organización.
  • A banda/artista permitirá ao MUMi a realización de fotografías e gravación de vídeo, cedendo os dereitos deste material para uso unicamente promocional.

    O MUMi 2022 terá lugar os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro na Eurocidade Tui-Valença. 

 

 

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa