Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
As músicas de Galiza e Portugal buscan abrirse a novos mercados


As músicas de Galiza e Portugal buscan abrirse a novos mercados

A convocatoria de propostas artísticas para participar no MUMI 2023 pecha con éxito de inscricións: 244 artistas e bandas, de altísimo nivel e de estilos musicais moi diversos, optan a formar parte do programa de showcases esta edición.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Eurocidade Tui-Valença, 5 de xuño.-
A organización do MUMI 2023 ten por diante un duro traballo de selección, tras o éxito de convocatoria que se pechou cun total de 244 propostas artísticas candidatadas para os showcases. En canto á procedencia está bastante igualada, cun número similar de inscricións galegas e portuguesas. A grande maioría das propostas son de artistas cunha traxectoria consolidada, respaldadas por axencias profesionais, que xa están funcionando moi ben nos seus territorios e queren abrirse a outros mercados, o que desde a organización apuntan como “un feito que demostra a solidez da escena e a necesidade da industria musical de contar cun espazo como o MUMI”.

Agora, as propostas participantes serán escollidas por profesionais do sector, seguindo non só criterios de calidade, mais tamén de viabilidade dentro dos obxectivos e características da feira, para configurar unha programación que inclúe showcases, conferencias e sesións de traballo conxunto; co obxectivo de converter a Eurocidade durante tres días nunha feira musical de referencia no oeste peninsular.

Continúan abertas as inscricións profesionais
Para as empresas de produción e management, responsables de programacións musicais, xestores e técnicos de cultura, e xornalistas as inscricións permanecerán abertas até as datas de celebración do evento, de xeito gratuíto, a través da web mumimusicas.eu

Presentación do programa
A finais deste mes de xuño presentarase un avance do programa, con algúns dos showcases profesionais e tamén concertos para o público xeral con artistas de ambos territorios. Ademais do programa musical, o MUMI 2023 prepara unha proposta de conferencias, actividades formativas, e encontros de traballo con empresas e profesionais, que se irán confirmando nos próximos meses.

En colaboración cos concellos de Tui e Valença, espazos emblemáticos de ambas cidades acollerán diferentes propostas co ánimo de visibilizar non só a artistas e bandas, senón as posibilidades do traballo conxunto desta alianza estratéxica que é a Eurocidade Tui-Valença. O obxectivo é converter o MUMI nun espazo de coñecemento mutuo, oportunidades, sinerxías, traballo en rede e deseño de proxectos futuros. Desde a organización da feira destacan o impacto social, económico e mediático do evento, e animan a todas as persoas que traballan no sector musical en Galicia e Portugal a participar na programación a desenvolver do 21 ao 24 de setembro inscribíndose a través da web mumimusicas.eu.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa