Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
O MUMI 2023 volverá conectar artistas e profesionais da industria musical de Galiza e Portugal


O MUMI 2023 volverá conectar artistas e profesionais da industria musical de Galiza e Portugal en setembro.

En maio abriranse tanto as inscricións profesionais como a convocatoria artística para participar na 4ª edición da feira, que se celebrará na Eurocidade Tui-Valença do 21 ao 24 de setembro.

Eurocidade Tui-Valença, 12 de abril.- O encontro profesional das músicas do Minho xa ten datas para a edición 2023. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral teñen unha nova cita na Eurocidade Valença-Tui do xoves 21 ao domingo 24 de setembro. Esta edición amplíase a catro días de música e encontros profesionais que terán lugar en localizacións emblemáticas de ambos municipios e que converterán de novo á Eurocidade nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países. A feira terá tamén programación aberta á cidadanía, nas prazas e rúas de Tui e Valença, onde se poderá gozar dalgunhas das propostas musicais que se presentarán este ano.

Inscricións en maio

A principios de maio a organización anunciará a apertura das inscricións para que profesionais e artistas podan inscribirse no encontro a través da web mumimusicas.eu. As propostas artísticas poderán candidatarse ata o 31 de maio, mentres que as inscricións para profesionais continuarán abertas até as datas de celebración do evento. En ámbolos dous casos, a participación será gratuíta.

O encontro profesional das músicas do Minho volve á Eurocidade Tui-Valença co obxectivo de seguir medrando e consolidarse como o mercado musical de referencia do oeste peninsular. A pasada edición a feira reuniu a máis de 200 profesionais durante tres días nos que se programaron vinte showcases, seis faladoiros, máis de 150 speedmeetings, e un festival con bandas transfronteirizas.

 

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa