Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
O MUMI pecha mañá cunha gran festa de música nas rúas
O MUMI pecha mañá cunha gran festa de música nas rúas


O MUMI pecha mañá cunha gran festa de música nas rúas

A fortaleza de Valença será o marco final desta 4ª edición do mercado das músicas galegas e portuguesas, que programa para mañá domingo unha xornada pensada para achegar o MUMI á cidadanía coas propostas dos Gaiteiros da Ponte Velha e Gooze HMB.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Eurocidade Tui-Valença, 23 de setembro.-
Tras dúas xornadas de encontros, faladoiros e showcases, o Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal chega mañá ao seu fin cun programa de música polas rúas da Fortaleça de Valença, onde os Gaiteiros da Ponte Velha e a banda Gooze House Marching Band teñen a misión de contaxiar ao público cos ritmos das súas propostas musicais, ambas construídas a partir do estudo e a experimentación a partir da tradición.

O Encontro de Músicas Profesionais Galiza-Portugal MUMI é o único mercado de músicas que existe na Galiza neste momento e naceu hai catro anos co obxectivo de reunir as mellores propostas musicais de ambos territorios para mostralas ante as principais entidades e empresas programadoras, pero tamén co propósito dalas a coñecer aos públicos galego e portugués que inexplicablemente viven de costas ás músicas que se fan no país veciño.

 


GAITEIROS DA PONTE VELHA
O grupo de GAITEIROS DA PONTE VELHA é o resultado dun proxecto saído da Escola de Gaitas de fol da Associação Cultural Tirsense. Ademais de temas orixinais, no seu espetáculo, a banda contextualiza e interpreta temas das distintas tradicións das prácticas musicais portuguesas con gaitas de fole e percusiones: os zés pereiras, os pauliteiros, os bailes das procesións do Corpo de Deus, o entroido, entre outros.

 

 


GOOZE HOUSE MARCHING BAND
GOOZE HMB explora a House Music de DJ’s populares, vestíndoo con características distintivas, pero mantendo a enerxía típica da House & Techno Music. Creada na cidade do Porto e composta por 9 instrumentistas de vento e percusión ao estilo Marching Band, o obxectivo dos GOOZE HMB pasa por recrear o ambiente dunha discoteca, normalmente asociado á mesa de mesturas do DJ, e levalo para o escenario e para as rúas en formato acústico.

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa