Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
O MUMI presenta as músicas que imos ver nos escenarios nos próximos meses


O MUMI presenta as músicas que imos ver nos escenarios nos próximos meses

Mañá comeza a programación do mercado de músicas con tres intensas xornadas de traballo repletas de faladoiros, speedmeetings e showcases aos que están convocados máis de 50 responsables de programación de festivais, salas, axencias e entidades públicas e privadas de Galiza e Portugal. A feira ofrecerá tamén 18 concertos abertos ao público en Tui e Valença entre o venres e o domingo.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Eurocidade Tui-Valença, 21 de setembro.-
A programación profesional do MUMI dará comezo mañá venres ás 10:30 na ZONA PRO instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. A xornada comezará cunha rolda de encontros rápidos ou speedmeetings que se sucederán durante toda a fin de semana e onde bandas e artistas terán a oportunidade de presentar as súas propostas musicais ante distintos grupos de responsables de programación de salas, festivais, concellos e outras entidades públicas e privadas que conforman o ecosistema musical a ambas beiras do Miño. Entre outras, está confirmada a asistencia de resposnables de programación cultural dos Concellos de As Pontes, Padrón, Carral, Boiro, Ames, Carballo, Cedeira, Palmela, Póvoa do Varzim, Matosinhos ou A Guarda. Tamén participarán entidades programadoras do ámbito privado, como os festivais, Arteficial, Revenidas, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, Portamérica, Son do Camiño, Minho Reggae, Caudal Fest, Elas Son Artistas, Gaia World Music e Palheta Bendita - Santo Tirso; as axencias Charlatana, La Yogurtera, Esmerarte, Correveydile, Indieror, Sounds Good e D’Orfeu Águeda; e as salas Mardi Gras, e A Pousada da Galiza Imaxinaria.


Faladoiros
Ademais da axenda de speedmeetings, o programa presenta tamén sesións de traballo onde se tratarán asuntos que ocupan e preocupan ao sector dentro da sección Faladoiros. Mañá ás 10:30 Manuel Pena, director de licencias de Altafonte, tratará o tema A comercialización dixital da música; e ás 13.00h, Manuel Alonso, xerente de Músicas ao Vivo (MAV) e Patty Castro, da directiva de MAV, debullarán as Claves para a contratación artística transfronteiriza nun encontro no que tamén se falará do asociacionismo musical en Galiza. A terceira sesión do venres tentará botar luz sobre outra das cuestións de interese para moitos dos proxectos musicais: Como conseguir audiencias para músicas non maioritarias. Será a partir das 15.30h.  E para pechar os faladoiros desta primeira xornada está prevista ás 16:15 a Presentación do Título de Especialista en Industria musical da Universidade de Vigo, unha nova titulación que será presentada pola decana da Facultade de  Comunicación da  UVigo, Enma Torres, e polo coordinador do título, Javier Abreu. Todos os faladoiros celebraranse na ZONA PRO instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença e están abertos ao público xeral ata completar aforo..

Programa de Showcases
Mañá presentaranse os directos de Anxo Araújo, Expresso Transatlântico, Mondra, Diego Alonso 5tet, Alba Careta & Henrio (colaboración Fira Mediterrània de Manresa) Xurxo Fernándes e Aníbal Zola. Ao programa de showcases, sumarase a proposta de Dj Gaiteirinho o remate da xornada, dentro do ESPAZO OFF.

 


As inscricións profesionais para o MUMI 2023 continuarán abertas a través da páxina mumimusicas.eu sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesións de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmettings ou encontros rápidos entre profesionais. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, daranse cita neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as músicas galega e portuguesa, construír unha relación estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e técnicos de cultura de ámbolos dous países.

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa