12 bandas presentaron os seus novos traballos nos escenarios do MUMI
No programa de showcases ou concertos de presentación en formato curto presentaron os seus novos traballos as bandas galegas Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo, que estrou na feira o seu novo proxecto de banda, Traspielas; mentres Portugal achegou as propostas de Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma. Ademais, dentro da colaboración iniciada na pasada edición coa Fira Mediterrània de Manresa, o MUMI recibirá a proposta da banda catalá El Pony Pisador. A súa vez, a Fira recibirá na súa próxima edición en outubro a proposta galega de Mondra, escollida entre as participantes na anterior edición do MUMI dentro da alianza entre as dúas feiras, e grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Fira e a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.
Os talentos emerxentes da música galega participaron na feira como parte da súa formación
Nesta edición o MUMI teceu tamén unha alianza co programa de aceleración de proxectos musicais Sonemerxente, promovido pola Xunta e desenvolvido pola Fundación Paideia, que nesta edición premitiu que asistisen á feira French Riviera, Eris Mackenzie, Javier Lago, Abril, Candela Liste, Verter GZ, Filloas e Amoebo. Estes proxectos beneficiarios de Sonemerxente tiveron a oportunidade de asistir aos showcases e faladoiros do venres e o sábado como parte da súa formación, aprendendo as dinámicas de funcionamento dun mercado musical, e mantendo reunións con responsables de programación de empresas privadas.