Utilizamos cookies no nosso site, próprios e de terceiros, para garantir o funcionamento adequado e oferecer continuamente a melhor experiência de navegação. Ao continuar a navegar, consideramos que aceita a nossa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Su Garrido Pombo

SU GARRIDO POMBO

Tradicional / Contemporánea. Vigo (GZ)
Venres 13 de setembro - 12:30h PT | 13:30h GZ - Zona Pro – Escola Superior de Ciências Empresariais (Valença)
*Só para profesionais acreditados

A Seara | sara@aseara.gal

Traspielas é o novo proxecto de Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) nos que celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual. Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo, músicas de recoñecida traxectoria e de estilos diversos como a electrónica, a experimentación, e a música tradicional conflúen neste concerto para crear unha obra actual. O obxectivo é dar nova vida a estas cancións nunha proposta artística multidisciplinar e contemporánea que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio.

PATROCINAN

COLABORAN

Feira MUMI

O MUMI é un encontro que convoca a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as nosas músicas. A feira reunirá a artistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e producción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Feira MUMI

O MUMI é um encontro que reúne os profissionais do sector musical e cultural galego e português com o objectivo de criar uma ponte de ida e volta e estável para as nossas músicas. A feira reunirá astistas/bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de serviços e produção, etc. para partilhar ideias, criar sinergias sólidas, estabelecer novas redes de contacto e conhecer novas propostas na primeira pessoa